Sinopsis
Amparo de Deus vive nunha vella mercería abandonada de Madrid coa única compañía de Carmela, unha bolsa de plástico á que considera a súa filla. Nancy, directiva dunha ONG ambiental, recrimínalle que a siga usando posto que agora é ilegal facelo. Amparo, vendo en perigo a existencia da súa 'filla', ameaza de morte á ecoloxista. Romualdo García, inspector de Policía, visita a Amparo co gallo de pescudar que lle ocorreu a Nancy, cuxo corpo apareceu golpeado nun parque próximo. Pero ohome ten serias dificultades para realizar o seu traballo, xa que padece tres enfermidades raras: síndrome de Tourette, cataplexia e narcolepsia.