Sinopsis
Santi é un pai adolescente que vive nunha pequena cidade costeira. Durante o día ten un traballo de pescador, mentres que pola noite fai contrabando de marisco. Mentres a súa moza Lucía coida soa do seu bebé, Santi, ausente e abafada pola responsabilidade, busca refuxio e redención no mar.