Sinopsis
Brandán pregunta a Andrea sobre os recordos que ten sobre o día que fixo a primeira comuñón e así, poder comezar a facer a película que acordaron. Aos poucos, Andrea aproveita para imaxinar como lle gustaría que fose a cerimonia. Andrea explica o bonito que sería saír nesas fotos con torres de diñeiro e coches deportivos, a ritmo dalgún tema de reguetón e substituíndo as biblias e rosarios polos último modelos de smartphones. Con todo, a igrexa é pequena e fría. O cura empeza a oración. Na primeira fila de bancos Andrea está de pé coa mirada perdida, absorta nos seus pensamentos. O Deus este existe? Coa súa voz solemne, o cura saca a Andrea do seu ensimesmamento. É a hora de comulgar.