Sinopsis
Marta, unha muller loitadora e centrada no seu traballo, ten unha reunión rápida con Ana, a profesora da súa filla. O que parece ser unha reunión normal e corrente convértese nun conflito entre Marta e Ana pola información que gardan uns debuxos de Carlota. A profesora tenta demostrar que Carlota está a recibir abusos de alguén próximo, pero Marta non quere ver como ese feito ameaza con destruír o seu mundo. Non tardará moito en descubrir a verdade que axexa á súa familia.