Sinopsis
Galicia, ano 968. Unha muller rescata a un normando malferido entre os restos dun naufraxio. A pesar das reticencias dos señores da cidade, dálle acubillo na súa casa. Ela non o sabe, pero o estranxeiro garda un segredo que pode salvar o seu pobo.