Sinopsis
Bernarda Alba leva 85 anos presa do seu destino. Un destino escrito por Federico García Lorca nun libro de 135 páxinas aclamado como unha das obras mestras da literatura universal. No libro di como ten que vestir, como ten que actuar e, sobre todo, como ten que soñar. Pero chegou o día de rebelarse e mirar ao futuro coa esperanza de ser a muller que sempre quixo ser: unha nai que, lonxe do papel de tirana imposto ao seu personaxe, desexa amar e respectar ás súas fillas como ela sempre quixo ser amada e respectada. A rebelión de Bernarda é a ficción dunha ficción. Unha historia de mulleres. Unha historia de loita pola liberdade. Unha historia de hai 85 anos que segue viva no presente. Porque si, porque todos temos o dereito de saltarnos o guión. O dereito a ter unha segunda oportunidade.