Sinopsis
Mar discute con Sergio. Mete a súa maleta no coche de forma aparatosa e inicia a marcha, soa, deixando a cidade atrás. Á tardiña, na súa casa nos arredores, Roi recibe a visita inesperada da súa irmá maior. O tempo distanciounos e o reencontro convértese nun mo- mento tenso para os dous, que se atopan cheos de nós que son incapaces de comunicar. Comeza así unha viaxe física e emocional á natureza e ás raíces, co que Mar e Roi tentarán romper a barreira existente entre os dous co fin de atopar o apoio mutuo.