Sinopsis
Un ser insignificante a quen ninguén lembrará. A través dos seus ollos vemos aquilo que día a día ignoramos: os demais. "Non me xulguedes polo que son, senón polo que significo para vós. Quixen ser parte do voso mundo, berrei moi forte... pero non me escoitastes. Non aprendestes a escoitar." ¿Estás ahí? é unha crítica social na que, a través da metáfora dun ser "non humano" observa unha sociedade que
discrimina a todo o que vive, pensa ou sente dunha forma diferente a eles.