Sinopsis
Unha nena corre polas aforas dunha pequena localidade, fuxindo dun inimigo invisible. Chámase Sara. Aparentemente, busca a alguén con quen xogar, pero sobre todo busca á súa mellor amiga, Beatriz, esperando que o feito de atoparse con ela consiga acougar a súa turbación. No seu traxecto vai unindo a varios personaxes que non acaban de entender o seu comportamento, pero que aos poucos van dando luz sobre os motivos da súa turbación.