Ir o contido principal
Concepción Arenal, 63 - Entrechan - 27004 - Lugo     ‌ info@semanadecinedelugo.com
Contacto
Inicio Inicio Semana de Cine de Lugo - 2022

Main navigation

  • Ciclos
  • Publicacións
    • Catálogo
    • Xornal
  • Novas
  • Nos Medios
    • Prensa
    • Dossier de Prensa
  • Multimedia
    • Fotos
    • Vídeos
  • Fonmiñá
  • Contacto

EXERIA, A PRIMEIRA PEREGRINA (FORA DE CONCURSO - INVITADA ESPECIAL)

  1. Inicio
  2. EXERIA, A PRIMEIRA PEREGRINA (FORA DE CONCURSO - INVITADA ESPECIAL)

Cine Galego

Cine Galego
Cine Galego
/ Vello Cárcere /
xoves, 22 Setembro, 2022 - 18:00
Ficha Técnica

España, 2016-2021 - 50 min - Documental

Director e Guionista: Luís Menéndez

Realizador: Gilberto Guillán

Postprodución: Moncho Posada

Produción: Mónica Hidalgo

Actriz principal: Isabel Vallejo

Viaxeira: Gloria Varela

Localizacións: Galicia e Norte Portugal (Vías Romanas), Italia (Montecasino) Turquía (Istambul, Capadocia, Urfa), Israel (Santos Lugares), Xordania (Monte Nebo), Exipto (Delta Nilo, Monte Sinaí).

Sinopsis

Exeria, a primeira peregrina é unha realización galega de proxección internacional gravada en cinco países, que ten como obxectivo levar o medio audiovisual á epopea histórica dunha viaxe extraordinaria antes do comezo das grandes peregrinacións a Roma, Xerusalén ou Santiago de Compostela.

O documental está baseado en testemuños históricos e documentados que Exeria deixou patentes na súa Itinerarium, manuscrito en latín culto, durante a súa peregrinación desde os confíns de Hispania, na provincia romana de Gallaecia, ata Terra Santa, no século IV.

O fío condutor e argumental que estrutura o guión é a figura dunha muller nova, moderna, cosmopolita, dos nosos días, que, debido ao seu interese como estudante de Historia, decide facer unha viaxe de catro mil quilómetros por Europa e Medio Oriente seguindo as pegadas de Exeria.

Por medio desta moza viaxeira, saberemos de lugares tan emblemáticos da historia da Humanidade, como Montecasino (Italia) onde apareceu o manuscrito, o monte Sinaí (Exipto), o monte Nebo (Xordania) onde, segundo os relatos bíblicos, Moisés mostroulle a Terra Prometida ao pobo de Israel despois da fuxida de Exipto, os Santos Lugares (nos que Exeria tomou nota para a elaboración da liturxia pascual), destacando Xerusalén, e finalmente a colorista e sen par Constantinopla, hoxe Istambul, en Turquía, onde se lle perde a pista a Exeria.

EXERIA, A PRIMEIRA PEREGRINA

Datos de contacto

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Concepción Arenal, 63
27004 - Lugo
info@semanadecinedelugo.com
Aviso Legal · Política de cookies

  • ‌
  • ‌