Sinopsis
Tano traballou toda a súa vida para Manuel, un empresario da construción que en épocas mellores controlou toda a cidade. Agora, xa na vellez, Tano ve como Manuel non pode levar a empresa, e toda a estrutura enfróntase a un cambio xeracional, a nova xente, novos negocios, nova forma de levar a empresa... pero a mesma violencia de sempre.
PREMIOS
2021: Festival de Málaga: Sección oficial.