Sinopsis
Paula e Raúl, que viven cun neno de sete anos chamado Dani, poderían ser unha parella máis. Poderían selo, de non ser porque Dani non é fillo de Paula, e esta enfróntase ao reto diario de demostrar que merece ostentar o “título” de nai. Este conflito, unido á
separación da parella e, como consecuencia, a idea de que Paula poida deixar de ver para sempre a Dani, exponnos unha historia chea de emocións, sentimentos e reflexións morais.