Sinopsis
Nunha urbanización, nos arredores da cidade, un matrimonio descansa placidamente na casa. Eles non esperan visitas, pero chaman á porta. É a policía e vén acompañada dun matrimonio co seu fillo pequeno. Acúsanos de estar a ocupar a casa. Todos defenden que a casa é súa, pero alguén é un intruso.