Sinopsis
O Párroco que oficia a misa nunha pequena ermida actúa desorientado, nervioso, atribulado. Os fregueses asisten con aire indiferente aos seus desatinos porque o que esperan con entusiasmo é o momento de entoar os cantos litúrxicos que dirixe o mesmo párroco con devoción e destreza. Pero hoxe, este, pelexa por atopar a forza e fe necesarias para tomar unha decisión longo tempo desexada: declarar o seu amor incondicional (e correspondido) cara a un dos fregueses. E é, como non, a música, a que lle proporciona definitivamente ese empuxe vital. Ao final, á carreira, cheos de gozo e liberados, saen da ermida collidos da man na procura dun novo horizonte.