O QUE QUEDA DE NÓS

Unha rapaza e a súa nai sempre saen xuntas a cazar. Ela é moi boa coas armas, pero a nai pensa que aínda non está lista. Un día de batida perden os cans e todo comeza a complicarse.
Unha rapaza e a súa nai sempre saen xuntas a cazar. Ela é moi boa coas armas, pero a nai pensa que aínda non está lista. Un día de batida perden os cans e todo comeza a complicarse.
Ao borde da súa propia execución, unha Terra case derrotada é testemuña desvalida das atroces accións dos seus habitantes máis ingratos.
Apenas ninguén sabe que en Galicia existiron campos de concentración durante o franquismo.
O Párroco que oficia a misa nunha pequena ermida actúa desorientado, nervioso, atribulado.
Helena, unha ambiciosa botánica, chega ás Illas Cíes acompañada da súa parella e disposta a pasar unhas pequenas vacacións. No idílico paisaxe, a moza descobre unha flor; unha especie que cambiará o seu futuro.
Cristales. El color de tu mirada é unha historia de amor chea de emocións, realismo máxico, un chisco de humor e unha protagonista moi especial.
Santi é un pai adolescente que vive nunha pequena cidade costeira. Durante o día ten un traballo de pescador, mentres que pola noite fai contrabando de marisco.
Naia regresa á illa da súa infancia. Alí verase obrigada a enfrontarse cun escuro pasado envolto entre cantos de baleas.
Canto pode caber en moi pouco?
Os gorrións fanse oco entre a maquinaria, nos tubos de escape, nos motores abertos ou nos asentos dos coches da terceira planta. Cando escoitan abrir o gran portalón á primeira hora da mañá, voan rápido para entrar.
Mar discute con Sergio. Mete a súa maleta no coche de forma aparatosa e inicia a marcha, soa, deixando a cidade atrás. Á tardiña, na súa casa nos arredores, Roi recibe a visita inesperada da súa irmá maior.
Tres Marías é unha curta experimental, un poema audiovisual a partir dos versos de Poesía polinizada de Olga Novo.
Baseado en feitos reais, unha nena enfróntase á escuridade do século XX en Galicia e renace chea de forza ao converterse en anciá.
A comezos do século XX, na Galicia rural, dous mozos amigos, Bartomeo, o maior, e Duarte, o pequeno, viven no pazo de María, a tía de Duarte, e gozan da natureza próxima a este.
O alumnado dunha clase de bacharelato está preocupado polo ingreso hospitalario da súa profesora favorita.
Galicia, ano 968. Unha muller rescata a un normando malferido entre os restos dun naufraxio. A pesar das reticencias dos señores da cidade, dálle acubillo na súa casa.
O mariño mercante Miguel Font Rosell, testemuña directa da traxedia do petroleiro Noruegués POLYCOMMANDER, relata cronoloxicamente os feitos daquel 5 de maio de 1970, enchendo os baleiros e confeccionando de forma detallada a tráxica historia da v
Ton sempre soñou con viaxar ao espazo. Con todo, un accidente deixa nel unha marca que o acompañará durante toda a súa vida. Isto non impedirá que Ton constrúa unha nave espacial, a vía de escape que tanto tempo estivo buscando.
Senén atende o seu bar como todos os días pero hai algo que o perturba, na bodega agocha un segredo e cada vez está máis nervioso de que o atopen. Unha tras outra, as clientas do bar van marchando ata que soamente queda Senén . ..
A protagonista, unha rapaza de 16 anos do século XIX, é a filla dunha das traballadoras do pazo do marqués. Criouse nun lugar rico e nobre e tivo a oportunidade de aprender a ler e a escribir.
Un profesor de filosofía en paro, derrotado polos seus continuos fracasos laborais, decide reconverterse e poñer todo o seu empeño en iniciar unha nova profesión: asasino a soldo.
Ana foxe de si mesma e volve de novo á casa familiar. A súa tía, María, nunca marchou de alí. Dos seus recordos silenciados, emerxe a fotografía dunha festa de disfraces, transportándonos cara ao pasado.
Ángeles Alvariño (Ferrol, 1916) foi unha das oceanógrafas mariñas máis importantes do século XX. Comezou a súa carreira alternando estancias entre Vigo e Madrid traballando no IEO.
Unha luz acéndese. Son escorregadizos e difíciles de ver.
Historia creada polo grupo Osa Maior +2, composto por escolares de distintos centros educativos de ESO da cidade de Lugo que relata un dos sete pecados capitais: a avaricia, desde a ollada natural de adolescentes.
Unha entrega de cocaína non se leva a cabo e os de arriba están encabuxados, piden explicacións, buscan culpables. Javier e Rubén, no medio de todo isto, poñen a proba a súa amizade.
Tras recibir un trato inapropiado no hospital e sufrir as consecuencias dunha episiotomía que se lle practicou sen o seu consentimento durante o parto, a actriz Iria Pinheiro inicia un trámite xudicial contra o Servizo de Saúde Gallego, pero, dese
Brandán pregunta a Andrea sobre os recordos que ten sobre o día que fixo a primeira comuñón e así, poder comezar a facer a película que acordaron. Aos poucos, Andrea aproveita para imaxinar como lle gustaría que fose a cerimonia.
Eucalipto: Un asesino silencioso?
No extremo noroeste da Península Ibérica atópase Vigo, nesta cidade costeira afastada dos grandes núcleos europeos, pero cunha intensa vida cultural é onde vive o noso protagonista, Gael.